Ricardo Varela reclama ao Goberno medidas urxentes para que os parados con cargas familiares non carezan de prestacións por desemprego

Ricardo Varela reclama ao Goberno medidas urxentes para que os parados con cargas familiares non carezan de prestacións por desemprego

Ricardo Varela reclama ao Goberno medidas urxentes para que os parados con cargas familiares non carezan de prestacións por desemprego

O Secretario na Comisión de Emprego e Seguridade Social e senador do PSOE por Lugo pide ao Executivo que modifique o Real Decreto 1369/2006, do 24 de novembro, para que inclúa, entre os beneficiarios da denominada renda activa de inserción, as persoas paradas con cargas familiares que non teñan dereito a algunha prestación e leven máis dun ano no paro, incluídos os menores de 45 anos

Asegura que "non" é admisible que parados con cargas familiares carezan de prestacións por desemprego" e engade que, en España, hai 3.997.656 persoas paradas que non están a percibir prestacións fronte a 1.927.703 que si son perceptores. É dicir, soamente o 32,5% percibe algún tipo de prestación por desemprego

O Secretario na Comisión de Emprego e Seguridade Social e senador socialista por Lugo, Ricardo Varela defenderá unha moción consecuencia de interpretación na sesión plenaria da próxima semana, na que esixirá o Goberno que poña en marcha medidas urxentes para que os parados con cargas familiares non carezan de prestacións por desemprego.

Na devandita iniciativa, Varela pide ao Executivo do PP que modifique o Real Decreto 1369/2006, do 24 de novembro, para que inclúa, entre os beneficiarios da denominada renda activa de inserción, as persoas paradas con cargas familiares que non teñan dereito a algunha prestación e leven máis dun ano no paro, incluídos os menores de 45 anos. Tamén solicita que se exclúa os parados con cargas familiares do grupo daqueles que deban facer unha espera dun ano entre unha e outra solicitude de admisión ao programa e que se manteña o devandito programa mentres a taxa de paro estea por enriba do 15%.

Os socialistas tamén propoñen derrogar as reformas realizadas ao Título III de Protección por desemprego da Lei Xeral da Seguridade Social que conduciron a un grave aumento das persoas paradas sen protección e a unha diminución da contía das prestacións poñendo, en moitos casos, en grave risco a suficiencia desta.

Por último, Varela defenderá que se derrogue as reformas realizadas ao RD 1369/2006 que esixe ter extinguido a prestación por desemprego de nivel asistencial establecidos no Título terceiro da Lei Xeral da Seguridade Social. Como explicou o propio senador galego, antes, esta condición non era unha esixencia e, con ela, déixase fóra do programa aos parados de longa duración que non proveñan dun réxime con continxencia por desemprego.

Na exposición de motivos da moción, Ricardo Varela subliñou que a longa duración da crise está a provocar que a protección das persoas desempregadas e das súas familias se vaia esgotando, día a día. Por iso, pediu ao Goberno que arbitre medidas para prolongar a duración da protección, especialmente para os desempregados con cargas familiares.

O parlamentario do PSOE detallou que segundo os datos da EPA, no primeiro trimestre deste ano, hai 3.997.656 persoas paradas que non están a percibir prestacións fronte a 1.927.703 que si son perceptores. É dicir, soamente o 32,5% percibe algún tipo de prestación por desemprego. Ademais, dos 3.715.405 de persoas paradas que levan máis dun ano buscando traballo, o 73% non percibe ningunha prestación, e tampouco o 77% dos 2.452.538 que levan máis de dous anos. Por todo iso, Ricardo Varela defenderá esta proposta na sesión plenaria do Senado xa que, ao seu xuízo, "non" é admisible que parados con cargas familiares carezan de prestacións por desemprego".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar