Soneira denuncia que “nunca unha foto saíu tan cara” como a da viaxe de Feijóo a Xapón

Soneira denuncia que “nunca unha foto saíu tan cara” como a da viaxe de Feijóo a Xapón

Soneira denuncia que “nunca unha foto saíu tan cara” como a da viaxe de Feijóo a Xapón

Marisol Soneira denuncia que o presidente da Xunta viaxa “de xeito caótico e anárquico, sen axenda coñecida no que mais parecen unhas vacacións pagadas”

A portavoz de Política Exterior do Grupo Socialista, Marisol Soneira, lamentou hoxe que “nunha unha foto saíu tan cara” como a da viaxe de Feijóo a Xapón a pasada semana. A deputada socialista preguntoulle ao goberno galego pola viaxe do presidente da Xunta “sen axenda coñecida” no que “mais parecen unhas vacacións pagadas” e anunciou a solicitude formal á Xunta da axenda e custe desta viaxe.

Soneira censurou que o presidente da Xunta viaxara a través de medio mundo ata Xapón, onde “posiblemente atoparía estabilidade espiritual, pero non sabemos si a nosa Comunidade Autónoma vai ter algún tipo de beneficio”. Dixo que a súa falla de axenda exterior, cun xeito de viaxar “caótico e anárquico”, só conseguiu que Galicia incrementara as importacións de conservas un 3,5 por cento e reducira as exportacións un 3,8 por cento.

Ironizou con que Feijóo fora ata o país nipón a “falar de acuicultura” e anunciar que “vamos importar tecnoloxía para criar atún vermello nas augas de Galicia”, unha especie que só se da en augas quentes, o que, ironizou, pode provocar “gargalladas” nos centros de investigación de toda España. Tamén criticou que vaia ata alá para traer técnicos que asesoren na cría en catividade de rodaballo e linguado, precisamente “un invento noso”.

A responsable socialista criticou que o presidente da Xunta “por primeira vez négase a comparecer” para expoñer os resultados das súas viaxes institucionais para tratar de evitar a evidencia de que a Xunta carece de acción exterior e ten unha visión reducionista da xestión pública, como denunciou o ex presidente do Consello de Acción Exterior da Xunta, Xulio Ríos, que fora nomeado polo presidente da Xunta.

De acordo co ex presidente, lembrou, a Xunta ten sufrido, baixo a dirección de Feijóo, un “atraso de décadas” no impulso exterior de Galicia, que “deixou de ser un referente na paradiplomacia das rexións subestatais”.

Soneira sinalou que Feijóo semella viaxar “fuxindo dos problemas, do paro, da corrupción ou das súas amizades perigosas”, unhas cuestións “ás que non tivo mais remedio que facerlle fronte porque os tribunais lle marcaron a axenda”. Aludiu así á inhabilitación de sete concelleiros do goberno de Santiago mentres Feijóo visitaba precisamente Xapón.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar