O PSdeG demanda o apoio do Parlamento para a posta en marcha “dun fondo de indemnización” ás vítimas do amianto

O PSdeG demanda o apoio do Parlamento para a posta en marcha “dun fondo de indemnización” ás vítimas do amianto

O PSdeG demanda o apoio do Parlamento para a posta en marcha “dun fondo de indemnización” ás vítimas do amianto

“Os afectados vense abocados a pasar por un calvario de procesos xudiciais, nos que é frecuente ver aos demandantes profundamente diezmados pola patoloxía”, asegura Beatriz Sestayo

A parlamentaria socialista Beatriz Sestayo presentou hoxe unha Proposición non de Lei no pleno para instar ao Parlamento a que solicite a creación dun Fondo Estatal de Indemnización ás víctimas do amianto, unha iniciativa que será votada na sesión de mañá.

Representantes da Asociación Galega de Vítimas do Amianto (Agavida), que contan co apoio do PSdeG, asistiron á sesión plenaria. “Os que se cruzaron co amianto pasan a vida cun sufrimento psicolóxico terrible, é unha enfermidade con síntomas previsibles pero invisibles”, afirmou Sestayo.

Ferrol é o lugar de Europa con máis casos rexistrados de persoas afectadas polo amianto, concretamente por casos de mesotelioma, unha enfermidade vencellada en máis do 90% á exposición de amianto.

Sestayo explicou que moitos dos traballadores dos estaleiros de Ferrol, que entraron aos 14 anos na escola de aprendices da antiga Bazán, estiveron expostos ás partículas sen unha información “agochada conscientemente cando xa se coñecía o seu efecto canceríxeno”.

A incidencia é tal que o goberno presidido por Emilio Pérez Touriño puxo en funcionamento a unidade de atención aos doentes afectados polo amianto no hospital Arquitecto Marcide de Ferrol. Na actualidade a dita unidade atende a 1.136 doentes, polo que se atopa desbordada e acumula listas de espera cunha demora de un ano “nunha patoloxía onde o atraso de atención conduce indefectible á morte”.

A deputada socialista lamentou que os afectados “vense abocados a pasar por un calvario de procesos xudiciais, nos que é frecuente ver aos demandantes profundamente diezmados pola patoloxía ou ben ás súas viúvas”, malia que hoxe está demostrada a súa relación con casos de cancro de pleura ou pulmón.

Por este motivo considera “de xustiza” que “quen non tomou as medidas para evitar a exposición dos traballadores ao amianto, quen ocultou torticeiramente os efectos letais, repare a vida das persoas na medida do posible”.

Por este motivo reclama a creación dun Fondo de Indemnización con cargo ás entidades aseguradoras, ás empresas e ao Estado a través do Instituto Nacional da Seguridade Social, que inclúa un fondo para investigación do cancro derivado da exposición ao amianto.

A proposición inclúe ademais a “creación de comisións e/ou outras vías parlamentarias para efectuar unha diagnose da situación en Galicia e no conxunto do Estado co fin de elaborar as correspondentes propostas xurídicas, políticas e económicas”.

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

  1. José Luis marcos macia
    Xuño 11, 2014 a 13:50

    Por fabor alguen me pode decir si o pp de feijoo nun gañou a eleccion ca mayoria absoluta cos votos de algun desta chente que pada que agora hay que sacarlle as castañas do lume os votantes do pp xa esta ben de tanto churiquear agora hay que saber cando se vota a quen se vota agora allo e augua

Deixar a resposta

Pechar