O PSdeG loitará en Europa polos dereitos das persoas LGTBI para deixar atrás “as políticas discriminatorias do PP”

O PSdeG loitará en Europa polos dereitos das persoas LGTBI para deixar atrás “as políticas discriminatorias do PP”

O PSdeG loitará en Europa polos dereitos das persoas LGTBI para deixar atrás “as políticas discriminatorias do PP”

“Desde o 25 de maio, podemos facer de Europa un espazo de liberdade e igualdade para toda a cidadanía”, asegura Pilar Cancela

pilar_cancelaA secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, garantizou esta tarde en Santiago que os socialistas loitarán en Europa polos dereitos das persoas LGTBI, “deixando atrás as políticas discriminatorias do Partido Popular”.

Cancela participou nun acto xunto ao responsable do colectivo LGTBI do PSdeG, Fito Ferreiro, e José Ángel Santoro, candidato do grupo Federal LGTBI do PSOE ás eleccións europeas.

Cancela lembrou a recente aprobación no Parlamento de Galicia da Lei galega de visibilidade e para a non discriminación das persoas LGTBI, “que foi unha iniciativa dos socialistas”.

“É unha lei para traballar pola igualdade real do noso colectivo dunha forma transversal a traves da actuacións en ambitos como a educación, sanidade, políticas sociais, laboral, xudicial, comunicación, deporte e mocidade”, afirmou Ferreiro.

Tanto Pilar Cancela, como Ferreiro e Santoro incidiron na importacia destas eleccións europeas: “Temos que pegar un cambio ás politicas que nos impón Europa e ese cambio só é posible desde a esquerda, desde a esquerda que non se queda en casa”.

Na súa intevención, Santoro apuntou que “na actualidade, a Unión Europea carece dunha política global de protección dos dereitos fundamentais das persoas LGTB”. “Agora é o momento de demostrar que unha Unión máis igualitaria nos fará máis fortes”, dixo.

Para rematar o acto, Cacenla engadiu que “desde o 25 de maio, os socialistas podemos facer de Europa un espazo de liberdade e igualdade para toda a cidadanía”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar