Zapatero di que unha ampla participación sería o "mellor resultado"

Zapatero di que unha ampla participación sería o "mellor resultado"

Zapatero di que unha ampla participación sería o "mellor resultado"

O presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, votou no colexio Nuestra Señora del Buen Consejo de Madrid, onde asegurou que "unha ampla participación sería o mellor resultado para a xornada electoral".

Sobre as 10.18 horas, varios minutos antes do previsto, Zapatero acompañado pola súa muller, Sonsoles Espinosa, e rodeado de fortes medidas de seguridade, acudiu á mesa electoral; tras depositar o seu voto, Zapatero dirixiuse aos medios para destacar que nesta xornada "elíxense alcaldes e gobernos autonómicos que deciden moitas cousas importantes para a vida diaria dos cidadáns" e por iso animou e apelou" a "a responsabilidade dunha ampla participación" nestas eleccións.

Preguntado polas posibles consecuencias do movemento 15M nos resultados, sinalou que "unha vez que se coñezan os resultados haberá lecturas de todo tipo" pero indicou que "na xornada electoral hai que ser moi respectuoso". "Non hai que anticipar lecturas e animar á xente a exercer o dereito democrático que tanto defendemos a maioría dos españois", concluíu.

Europa Press

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar