Fidalgo: “A escola de formación é unha militancia consolidada que en tres anos impartiu máis de 100 cursos, con 2.500 militantes”

O secretario de Formación do PSdeG , Miguel Fidalgo, afirmou que “a Escola de Formación do PSdeG é unha militancia consolidada que nestes tres anos realizou máis de 100 cursos, nos que participaron 2.500 militantes”.
Dado a boa aceptación e a implicación dos socialistas galegos; militantes, simpatizantes, alcaldes e concelleiros, Fidalgo agarda que “despois do XII Congreso do PSdeG, que se celebrará o vindeiro mes de marzo, o PSdeG potencie máis a Escola”.
A escola de formación do PsdeG, Francisco Fernández, pechou hoxe a programación cun taller sobre o activismo socialista nas redes sociais. Unha xornada formativa a que asistiron máis de 30 militantes e simpatizantes co obxectivo de afondar e intensificar o activismo nas redes sociais dos socialistas.
A finalidade deste taller é abrir o partido a militancia a través dos diferentes canais das redes sociais. Ensinar aos militantes o xeito de facer chegar as súas propostas, as súas opinións e as súas percepción sobre a realidade galega, e tamén do propio partido valéndose das redes sociais. Trátase de lograr unha inter-actuación que permita construír unha mensaxe participativa.
«Unha vez máis a Escola de Formación aposta por facilitarlle aos militantes as ferramentas necesarias para que participen do PSdeG», destacou Fidalgo.
A escola comezou a súa andaina fai tres anos, e neste tempo levou a cabo máis de 100 cursos, o longo de toda a xeografía galega, sobre comunicación política e electoral, planificación e desenvolvemento de campañas electorais, funcionamento da administración local, políticas municipais de igualdade, de desenvolvemento local ou redes sociais entre outros.








