O PSdeG solicita formalmente o expediente sobre a construcción da incineradora do Irixo

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Carmen Gallego, anunciou que solicitará formalmente á Xunta toda a documentación do expediente da empresa Estela Eólica sobre a construción dunha incineradora no sur de Galicia. Así o dixo nun encontro coas plataformas en contra da incineradora que a Xunta quere instalar no concello ourensán de O Irixo.

Os socialistas galegos comprometeron o seu apoio ás reivindicacións das plataformas de Dozón, O Irixo e Carballiño e anunciaron iniciativas parlamentarias para instar á Xunta a que invista no ano 2012 as contías comprometidas para as plantas de compostaxe e reciclaxe previstas no Plan de Residuos para diminuír o lixo xerado que chega ata as instalacións de Sogama en Cerceda.

A parlamentaria socialista amosou a súa satisfacción pola resposta cidadá tanto na manifestación de onte en O Carballiño como nas charlas informativas e na anterior manifestación de O Irixo. Comprometeu así todo o apoio do Grupo Socialista para evitar a construción dunha segunda incineradora en Galicia e para informar á cidadanía de que se pode facer unha política de residuos alternativa que sexa menos contaminante.

Iniciativas parlamentarias

Gallego entregoulles aos responsables das plataformas as iniciativas parlamentarias –Interpelación, Moción e debate- que tiveron lugar xa no mes de decembro no Parlamento de Galicia a instancias dos socialistas galegos.

Estas iniciativas tramitadas e rexeitadas polo PPdeG solicitaban a paralización da construción dunha segunda incineradora no sur de Galicia e a aposta por un modelo de xestión de residuos baseada na redución en orixe, a reciclaxe e a reutilización. Os socialistas reclaman deixar unicamente as instalacións de Cerceda para incinerar os residuos de todos os demais sistemas.

Os comentarios están pechados

ralph lauren polo ralph lauren sale uk ralph lauren outlet uk