O PSdeG esixe na Deputación que Baltar e o PP se posicionen contra a incineradora do Irixo

O portavoz socialista na Deputación, José Ignacio Gómez Pérez, presentou a moción socialista rexistrada na Deputación contra a incineradora sur, para que depois da manifestación do pasado sábado, que foi “un clamor”, “Baltar e o PP se posicionen claramente a favor dos veciños”.

O deputado lembrou a Baltar que sempre dixo que non apoiaría a incineradora no caso de haber rexeitamento por parte dos cidadáns. Un rexeitamento que o pasado sábado se viu plasmado na manifestación do Irixo, e que a xuízo do deputado socialista se refrendará na manifestación do vindeiro 29 de xaneiro no Carballiño.

Gómez explicou que a falta de rigor do PP na súa postura sobre a incineradora pode ter a súa orixe nunha estratexia electoralista, porque o máximo responsable da ubicación desta planta na nosa provincia é Feijóo, quen ten dado mostras inequívocas de que o adianto electoral vai ser inminente.

Así, os anuncios baleiros de contidos aos que o PP nos ten acostumados en época preelectoral, como a fábrica de coches eléctricos, esta vez dirían que incineradora non iría no Carballiño para logo facer “o que lles dea a gana”.

O portavoz socialista na Deputación denunciou tamén o engano detrás do modelo que pretende instaurar o PP, porque “están xogando cos postos de traballo intentando manipular á xente”. Pero o número de empregos dos que fala é imposible nun modelo de incineración.

Explicou que o modelo contrario, de reciclaxe, que era o que se ía poñer en marcha no parque medioambiental de Carballeda de Avia, si crearía postos de traballo.

Con esta moción, que ten o mesmo espírito que a probado por unanimidade polo pleno do Carballiño, os socialistas esperan que Baltar e a Deputación se posicionen claramente en cotra da incineradora, e non respondan a intereses electorais.

Neste sentido sinalou as “curiosas” declaracións do portavoz do PP na Deputación, Plácido Álvarez, nas que afirma que “se el fora alcalde do Carballiño tamén votaría en contra da incineradora”, mostra de que “eles mesmos non cren nesto e consideran que non é boa para nós”.

Así, e por segunda vez en dous meses, os socialistas levan á Deputación unha moción para que o Pazo provincial en pleno rexeite a instalación de dita planta na nosa provincia.

Os comentarios están pechados