Os socialistas do Carballiño instarán á constitución da Comisión de Seguimento que velará pola paralización do proxecto da incineradora sur

A agrupación local do PSdeG-PSOE do Carballiño solicitará que este mesmo luns quede constituída a Comisión de Seguimento que velará pola paralización do proxecto de construción dunha incineradora no concello do Irixo.

O obxecto desta urxencia é instar á Deputación a que convoque un Pleno este mesmo mes no que reconsidere a súa postura adoptada hai agora un mes. Este punto foi incorporado ó acordo da sesión plenaria celebrada este xoves no Carballiño a instancias do grupo municipal socialista e do seu voceiro Francisco Fumega como condición para consensuar unha estratexia conxunta na corporación.

Deste xeito, a agrupación local do PSdeG-PSOE quere velar polo cumprimento dos acordos e acelerar os pasos necesarios que fagan ver ás diferentes institucións e organismos que o Carballiño é taxante no obxectivo de paralizar este proxecto. Como se revelou ós medios de comunicación, os socialistas non se fían “da estratexia do alcalde, logo dos antecedentes relacionados con esta cuestión e outras ós que nos ten acostumados o señor Marnotes”. Como simple pero evidente demostración desto, lembran o feito de que se posicionara a favor da incineradora na Deputación seguindo as directrices marcadas polo Partido Popular e traizonando a este municipio e aos seus veciños, que dende un principio amosaron unha postura firme en contra deste proxecto.

Os socialistas cren que só as actuacións e iniciativas levadas a cabo pola Plataforma “Incineradora Non” fixeron reconducir a actitude do alcalde unha vez que se percatou do amplo apoio social que esta estaba a ter.

Ademáis, a súa tardanza supón un grave problema para os designios administrativos que puideron ser freados xa dende un principio, negándose inicialmente a asumir os plantexamentos e esixencias desta plataforma e o propio grupo do PSdeG-PSOE. O traballo de concienciación e información deste colectivo foi quen mudou a inicial estratexia do Partido Popular.

O PsdeG-PSOE non vai a permitir que non se respeten os acordos adoitados e por elo quere levar a iniciativa e vixiar que se dean realmente os pasos pactados na pasada sesión plenaria. Para elo, insta con urxencia ó señor Marnotes a constituir este mesmo luns a comisión de seguimento para que inste con urxencia á Deputación para que convoque un pleno extraordinario e aprobe unha moción nos termos consensuados no Carballiño. Compre aquí lembrar as palabras do seu presidente nas que aseguraba que “non se postularía a favor da construcción de ningunha incineradora que fora rexeitada pola masa social do seu entorno”. Este punto, esixido pola nosa agrupación, vémola imprescindible para atopar un consenso xeral na provincia que presione á Xunta de Galicia para paralizar este proxecto e recorde o señor Baltar o sentido das súas palabras traizoadas no pasado pleno provincial conxuntamente co deputado e alcalde do Carballiño, señor Marnotes.

Os socialistas esixen que o presidente da Deputación convoque un pleno este mesmo mes para non retrasar o posicionamento conxunto deste concello e o ente provincial, xa que bastante tempo se perdeu cos cambios de opinión do alcalde do Carballiño.

O Grupo Municipal Socialista do Carballiño “non consentirá que o Pleno de onte quede nunha simple foto de cara ós medios de comunicación na que o señor Marnotes sorrí como si se houbera rematado o proceso”. Os socialistas levarán os acordos adoitados ata o final e seguirán loitando como ata o de agora para que a incineradora non se faga realidade, agardando que o alcalde do Carballiño estea á súa beira e á dos veciños deste concello neste reto que marcará o futuro deles mesmos e dos seus fillos.

Os comentarios están pechados