Calvin Klein Baratos ralph lauren canada cheap tiffany jewellery cheap michael kors cheap ralph lauren cheap tiffany Calzoncillos Calvin Klein hogan outlet
 
Escort istanbul

Caride reclama a Feijoo que explique “por que permite o desguace da obra social de NCG”

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, emprazou hoxe ao presidente da Xunta a que explique “por qué permitiu o desguace da obra social de NCG en contra do seu compromiso formal”. Así o dixo logo dun encontro cos sindicatos da Obra Social e de coñecer que os directivos desta tamén preparan indemnizacións millonarias.

A responsable socialista reclama a Feijóo que diga “por qué non tivo en conta en ningún momento á obra social mentres permite que estes directivos resolvan a súa situación”. Apuntou que “o Goberno galego en ningún momento cumpriu a súa palabra” de garantir os servizos sociais que ofrecía a entidade a milleiros de galegos e galegas, así como ás 350 persoas que traballan para esta división da entidade.

Caride lembrou unha vez mais que o Goberno galego conta con representación na Comisión de Control da entidade e reiterou a necesidade de constituír unha Comisión de Investigación na Cámara autonómica para “analizar e depurar as responsabilidades políticas e de xestión de NCG”.

Mantivo un encontro cos representantes sindicais da Obra Social, na que constatou que “si a Xunta non actúa a cidadanía quedará sen os servizos sociais que presta, e os traballadores quedarán sen posto de traballo”. Dixo que na situación actual esta división resulta “inviable” xa que pasou dun orzamento de 40 millóns de euros en 2010 a dispor actualmente de 5 millóns de euros para os próximos 3 anos.

A portavoz de Facenda e Orzamentos lamentou que “o compromiso de Feijóo coa obra social se teña revelado tamén como fume” e comprometeuse cos representantes sindicais a reclamar da Xunta unha Lei que regule esta fundación especial derivada da extinta caixa galega, e buscar vías que permitan a atención aos cidadáns que hoxe se benefician desa asistencia social.

Os comentarios están pechados

mcm backpack uk calvin kelin baratos scarpe hogan ralph lauren uk canada goose jackets on sale ralph lauren outlet ralph lauren sale uk doudoune moncler ralph lauren polo sale mcm bags