A saída á crise dende a socialdemocracia será tamén o argumento principal da escola de verán que desenrolará durante dous días en Silleda
Pachi Vázquez inaugurará a escola o venres, día 2 de setembro, pola mañán e o ministro Francisco Caamaño encargarase de clausurala o sábado
Nesta liña, os socialistas seguirán afondando nos efectos da crise e nas respostas dadas dende diferentes estamentos durante a fin de semana nunha xornada sobre a “Resposta da socialdemocracia contra a crise económica mundial”, organizada pola escola de formación do PSdeG, Francisco Fernández, en Silleda
A escola, que dará comezo o venres, será inaugurada polo secretario Xeral, Pachi Vázquez, e contará coa ponencia dos eurodeputados Antolín Sánchez Precedo e Enrique Guerrero, que falarán sobre “A resposta de Europa ante a crise económica e política». Neste primeiro día participaran tamén os economistas Xaime Barreiro e Fernando González Laxe, así como membros do 15-M para explicar as propostas dende os movementos reivindicativos.
A xornada do sábado, cando a escola será clausurada polo Ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, contará tamén coa participación da secretaria de Estado de Igualdade, Laura Seara, que falará de “Propostas dende a igualdade”; a portavoz do grupo socialista no Senado, Carmela Silva, e a coordinadora dos deputados galegos nas Cortes Xerais, Margarita Pérez Herraiz, que abordarán a “Acción do Goberno de España na loita contra os efectos da crise”.
A última ponencia será a do portavoz do grupo parlamentario socialista, Abel Losada, e a do secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, que falarán sobre “A alternativa socialdemócrata de Galicia”.
Con esta actividade, enmarcada dentro da Escola de Verán, o PSdeG mantén a súa actividade de debate e reflexión para ofrecer a sociedade galega respostas propias, en clave galega e en conexión co resto das liñas progresistas de pensamento do mundo.









