Escola de Formación en Ourense e Pontevedra
A Escola de Formación do PSdeG-PSOE celebra este sábado dúas das súas actividades de formación. Neste caso será para novos concelleiros e concelleiras que resultaron elixidos nas pasadas eleccións municipais e estarán encamiñados á comunicación política e ao funcionamento da administración local.
Así, en Ourense desenvolveuse esta mañá un curso sobre Comunicación Política para os novos concelleiros e concelleiras, no que a monitora, Raquel Tiagonce, fixo unha introdución á comunicación no eido da actividade política.
En Pontevedra realizouse o curso de Funcionamento dos Concellos onde os asistentes puideron coñecer en profundidade o funcionamento da administración local. Así mesmo, diversos cargos expuxeron a súa experiencia e explicaron as políticas socialistas a desenvolver nos concellos. Entre outros, interviron neste curso os alcaldes de A Guarda e A Illa de Arousa e a alcaldesa de Silleda.
Durante os pasados 10 meses do curso 2010-2011, a Escola de Formación Francisco Fernández impartiu ao redor de 50 cursos, nos que participaron máis de 1.500 militantes e cargos socialistas das catro provincias galegas.








