200.000 euros para realoxar ás 12.000 familias desafiuzadas en Galicia

200.000 euros para realoxar ás 12.000 familias desafiuzadas en Galicia

200.000 euros para realoxar ás 12.000 familias desafiuzadas en Galicia

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, denunciou hoxe que o goberno galego tan só destinará nos orzamentos de 2016 200.000 euros para atender ás vítimas de desafiuzamentos en Galicia. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei en Comisión na que lembrou que Galicia rexistrou máis de 12.000 familias desafiuzadas entre 2009 e 2015.

A deputada socialista considera “incomprensible” que o PP vetara unha proposta para cambiar a xestión destes realoxamentos da Consellería de Vivenda á de Política Social, para aforrar burocracia e axilizar a atención a estas persoas. Amosou a súa sorpresa pola “interpretación sorprendente” dos datos por parte do PP, que presentou como un “éxito” que só se utilizaran 43 das 500 vivendas destinadas polo goberno a este fin.

Sinalou que a suposta baixa demanda, cando hai máis 12.000 familias que necesitan ser realoxadas, débese a un mal deseño do sistema e ás trabas impostas a estas familias para buscarlles un novo acubillo. Criticou que o goberno galego “agora pídelle aos concellos que fagan o esforzo e poñan vivenda a disposición da Xunta: eu invito e ti pagas”, cando dispón de 500 e desas só se utilizaran 43, “algo falla”, concluíu.

Considerou “absolutamente intolerable” a política de vivenda da Xunta para o realoxamento das vítimas de desafiuzamentos, deixando “abandonadas” ás familias que teñen que afrontar estas situacións. Criticou a caída drástica dos investimentos en lugar de reforzar o apoio do goberno galego e adaptalo aos novos casos con políticas de aluguer social, agora que hai un 70 por cento de desafiuzamentos de aluguer.

Gallego censurou a falla de orzamento para vivenda protexida, que pasou dos 74 millóns de euros de 2009 a 22 en 2015, dos que “apenas o 15 por cento foi executado”, e o orzamento para os programas de vivenda en aluguer apenas acadou 3,7 millóns de euros en 2015. A situación, dixo, chega a que a Xunta asinou con Fomento o convenio para o desenvolvemento do Plan Nacional de Vivenda cando xa transcorreran 21 dos seus 48 meses de vixencia.

Sinalou que nos anos 2014 e 2015 o goberno galego non incluíu “nin unha soa vivenda protexida no parque de asistencia”, e a construción de vivenda protexida nova en Galicia acada “o récord por abaixo”.

jacobo

Artigos relacionados

Proposta de acordo para frear a incertidume sobre os PXOM Proposta de acordo para frear a incertidume sobre os PXOM

Proposta de acordo para frear a incertidume sobre os PXOM

Deixar a resposta

Pechar