18 anos de retraso na Plisan

18 anos de retraso na Plisan

18 anos de retraso na Plisan

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, esixiulle hoxe ao goberno galego un “calendario verosímil” para a posta en marcha da Plisan Salvaterra – As Neves, un proxecto anunciado no ano 2000 e que leva paralizado os 9 anos de goberno de Feijóo. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei en Comisión, que foi rexeitada polo PP.

O responsable socialista reduciu ao “absurdo” os continuos retrasos dunha plataforma de chan industrial nacida cos gobernos de Fraga para poñer en marcha 4 millóns de metros cadrados. Lembrou que non foi ata a chegada de Emilio Pérez Touriño ao goberno da Xunta que non comezaron a mover as terras, pero dende que asumiu o goberno Feijóo “non se moveu unha pedra”.

Advertiu que ata que o goberno galego non constrúa a Edar non poderán comezar a instalarse as empresas, pero aquel proxecto ten de prazo ata 2021, de acordo coa licitación publicada no DOG en marzo de 2017, sen que ata o momento teñan comezado coas obras.

Criticou que o goberno galego se teña preocupado ata o momento “tan só de publicidade e propaganda”, emitindo informes periodicamente a pesares de que “alí non cambia nada, todo segue igual de paralizado”. Lembra que en 2014, cando gobernaban tanto no Estado como na Xunta, anunciaban que a instalación de empresas comezaría en 2016, co que “a lo menos levamos 2 anos de retraso”.

Esixiulle á Xunta que “asuman responsabilidades” pola paralización dunha plataforma loxística que permitiría resolver o problema de chan industrial na provincia que “ten máis empresas pero menos oferta pública, a pesares de que sofre a competencia directa de Portugal”. Lembrou neste sentido as declaracións do director do Igape, que “non ve preocupante a deslocalización de empresas a Portugal, así nos vai”, remachou.

Orzamentos e calendario

O PP rexeitou esta proposta na que os socialistas reivindicaban que a Xunta puxera as partidas orzamentarias suficientes de cara a 2019, así como un “calendario verosímil” para que o chan industrial fora posto a disposición das empresas. Ademais, reclamaba informes trimestrais do cumprimento das obras, que deberan ser remitidos ao Parlamento.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar