17.000 valoracións de discapacidade pendentes de resolución e con retrasos de ata 2 anos en Galicia

17.000 valoracións de discapacidade pendentes de resolución e con retrasos de ata 2 anos en Galicia

17.000 valoracións de discapacidade pendentes de resolución e con retrasos de ata 2 anos en Galicia

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, presentou hoxe unha proposición non de Lei na Comisión de Sanidade e Política Social do Parlamento para reclamarlle á Xunta que contrate máis persoal para os equipos de valoración da discapacidade de Galicia, que foi rexeitada polo PP.

A falla de medios deste servizo, dixo, provoca esperas de ata dous anos para recibir a valoración, provocando prexuízos aos solicitantes, que non poden acceder a solicitudes de transporte colectivo, tarxeta para prazas de aparcadoiro, prestacións económicas ou falla no recoñecemento de dereitos en mutualidades. Sinalou mesmo casos de quen “non puido presentarse a oposicións porque non contaban coa valoración”.

Criticou que a resposta da Consellería teña sido “un exemplo de botar balóns fóra, o paradigma do curtopracismo”, ao optar por un convenio de colaboración coa Consellería de Sanidade para pagarlle horas extra ao persoal médico do Sergas por facer o traballo. Obvia así que os equipos de valoración son multidisciplinares, co que só afronta a parte médica.

17.000 expedientes pendentes

Este “parche”, dixo, “demostrouse insuficiente para resolver o problema e ademais é máis custoso que contratar persoal específico de reforzo”. Por iso hai hoxe, dixo, 17.000 expedientes pendentes de tramitación, que o goberno quere afrontar pagándolle aos médicos 15 euros por cada caso valorado, coa posibilidade de avaliar 3 ou 4 casos cada hora, tal e como sinala o Sergas nunha comunicación oficial aos Colexios Médicos.

Advertiu que estes retrasos “non veñen derivados dun pico estrutural, senón que é estrutural, o que implica que se debera incrementar o número de equipos e crear postos para axilizar a xestión dos expedientes de incapacidade”. Reclamou “eliminar a lista de espera, tanto nas solicitudes como nas revisións das valoracións de discapacidade, no prazo máximo de seis meses”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar