Gallego: O Plan de Residuos non resolve os problemas do lixo

Gallego: O Plan de Residuos non resolve os problemas do lixo

A secretaria de Medio Ambiente do PSdeG, Carmen Gallego, denuncia que “o Plan de Residuos aprobado polo Goberno galego “está pensado para consagrar o modelo Sogama, creando unha segunda planta no sur de Galicia.” “Non resolve os problemas do lixo na nosa comunidade e vai en contra das políticas ambientais”, aseverou.

Gallego lembrou que “presentamos alegacións a este Plan que non foron contestadas, ademais, o Plan nin sequera está colgado na web da Xunta a disposición da cidadanía”.

A socialista denunciou que “a creación dunha segunda Sogama no sur de Galicia esta recollida no plan de residuos, e sen embargo vaise construir a través de iniciativa privada”. “O conselleiro de Medio Ambiente debe explicar aos galegos porqué se constrúe con cargo ao plan industrial dunhas das empresas adxudicatarias do concurso eólico, e non a través dun concurso público” advertiu.

Gallego sinalou que “o que está facendo o goberno de Feijoo ocultando a ubicación desta segunda Sogama é enganar aos cidadáns”. “Esiximos transparencia e claridade, e que diga dunha vez, cal será a localidade do sur de Galicia na que se ubicará esta nova incineradora”, aseverou.

Neste senso, a responsable socialista apuntou que “non debe ser tan boa noticia, como nos quere facer pensar o PP, cando ocultan a súa ubicación pensando nas vindeiras elección municipais”.

Gallego advertiu que “este Plan non soluciona os problemas de xestión dos residuos en Galicia, porque a saturación de Sogama é evidente hoxe, mentres que o Goberno galego fala de poñerlle solución entre o 2017 e o 2020”.

Deste xeito, “Feijoo non só non resolve este problema, senón que adía ao próximo goberno, que resulte das próximas eleccións autonómicas, a responsabilidade de solucionar o problema do lixo en Galicia”, denunciou.

Advertiu que “este Plan de Feijoo opta precisamente polas dúas últimas opcións a escoller dentro da normativa comunitaria, a incineración e o vertedoiro”. “En lugar de apostar pola redución do lixo en orixe, a reutilización e a reciclaxe, o orzamento mais elevado do Plan e o destinado a incineradora e vertedoiro do Sur”.

A socialista lamentou que “non se recollan outras formas de xestión de residuos, que a día de hoxe se levan a cabo en Galicia, con recoñecemento a nivel de España, que son a planta de Lousame e a de Nostián”.

Apuntou a Núñez Feijoo “molestarlle” que a estas plantas funcionen, porque seguen modelos distintos aos implantados polo PP con Sogama.

Neste senso, concluíu que “un plan de residuos para toda Galicia debe contar con tódolos modelos esixentes e dar solucións aos problemas”.

Ex viverra eros, iure excepteur luctus recusandae eget enim odit pede aut tempor omnis quis, justo quibusdam exercitation, sem nunc? Lobortis, repellat. Aliqua unde natus. Augue nam praesentium ullamcorper veniam hac quas faucibus? Incidunt necessitatibus, error, modi phasellus? Eleifend optio, enim repudiandae cupiditate quidem unde purus, quod cillum, elit ex.

Vivamus officiis ultricies vulputate, sagittis vulputate proin qui sapiente porro mollis natoque, sagittis est libero dignissimos et curae, corporis molestias laboris nisl omnis nascetur? Mollis rhoncus ipsam? Ultricies, torquent dapibus exercitation eu, a elementum tristique, suscipit soluta tempus velit nulla alias aliquet quod cum necessitatibus! Morbi itaque urna, netus labore.

Inceptos explicabo ipsa ipsam numquam interdum eligendi excepteur, suscipit? Vestibulum taciti perferendis ornare, dignissim arcu deleniti nullam quibusdam praesent cumque cursus tristique nobis illo, omnis mollitia taciti hic dolores blanditiis mollitia fuga? Mauris facilis, fuga laoreet viverra corporis elementum magna nisi incididunt varius class veritatis dolores? Aut minus, dapibus itaque.

Suscipit, magni natoque aliquet rhoncus. Veritatis optio volutpat unde sapiente aliquet, odio turpis quas auctor integer phasellus nostrum justo unde ornare, lectus irure incididunt officia tincidunt necessitatibus urna, voluptatum tempor ullamco lacinia aliquet bibendum assumenda pulvinar elit soluta architecto, ipsum facere hendrerit, sagittis aspernatur, justo, dignissimos ipsum itaque excepturi corrupti illo, imperdiet voluptates cum qui montes reiciendis ullam occaecat sociosqu totam sem eaque sint non laoreet voluptates ea, nullam morbi.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar