Guillermo Meijón critica a "obstinación do Goberno e do PP" en esconder os seus plans en relación á concesión de Ence

Guillermo Meijón critica a "obstinación do Goberno e do PP" en esconder os seus plans en relación á concesión de Ence

O deputado socialista pontevedrés Guillermo Meijón critica que "o Goberno e o PP escenificaron de novo, esta vez no Pleno do Congreso, a súa obstinación en ocultar os seus plans respecto á ampliación ou non do prazo da concesión actual de Ence-Lourizán, que actualmente finalizaría en 2018,".

Así, lamenta "a actitude de indefinición que mantivo o PP esta tarde no Congreso" durante o debate dunha moción que solicitaba a non ampliación da concesión actual de Ence-Lourizán e unha solución definitiva para a situación de inseguridade xurídica na que se encontran os núcleos singulares de Galicia.

Pola contra, destaca as emendas presentadas polo Grupo Socialista para non realizar modificacións na Lei de Costas antes da culminación do proceso de deslinde de todo o dominio público marítimo terrestre e para resolver definitivamente, no marco da Lei, a situación na que se encontran diferentes núcleos de poboación rural con características urbanas debido a que a Lei de costas estableceu a servidume do cominio público marítimo terrestre en 100 metros, en lugar dos 20 que fixa A voceira socilista de medio, Leire Pajín, advertiu durante a súa intervención da posible intención do Goberno de aplicar unha "amnistía fiscal" e a volta á "economía do ladrillo". Por iso, explicou que o Grupo Socialista ten rexistrada no Congreso dos Deputados unha Proposición non de Lei -cuxo autor é o deputado socialista pontevedrés Guillermo Meijón- que insta ao Goberno a: 1. Trasladar a ENCE-Pontevedra a obriga legal, ineludible, improrrogable e innegociable de abandonar a situación actual da súa empresa en Lourizán-Pontevedra no ano 2018, ano de caducidade da actual concesión dos terreos ocupados. 2.- Colaborar coa Xunta de Galicia nas conversacións con ENCE que faciliten o traslado da citada empresa a unha nova situación nun ámbito que permita unha consolidación ambiental e urbanística sostible e, ao mesmo tempo, participar dunha estratexia que permita consolidar e incrementar a oferta de emprego na bisbarra"

Ademais desta Proposición non de Lei, Meijón ten presentadas no Congreso preguntas escritas e pregunta oral a Cañete "para sacar o Goberno e o PP da ambigüidade neste asunto". Non obstante, o deputado socialista destaca "o temor que produce a linguaxe calculadamente ambigua do PP e do Ministro Cañete" e lamenta "que sigan instalados na indefinición permanente para ocultar a saber que".

Respecto á legalización dos núcleos historicos singulares, Meijón indica que "a solución a esta problemática non pode servir de escusa ao goberno para formular un cambio na actual Lei de Costas que máis parece pretender facilitar actuacións de carácter especulativo e que sexan contrarias á defensa e protección que precisa noso litoral". "O Goberno conta con posibilidades reais de actuación que permitan solucionar estas situacións sen para iso promover un cambio radical na Lei de Costas" a Lei para chans urbanos. Finalmente, as emendas socialistas non foron admitidas a votación.

zp8497586rq

32641281A

Pechar