11.000 familias galegas con hipotecas subsidiadas poden perder as axudas

11.000 familias galegas con hipotecas subsidiadas poden perder as axudas

11.000 familias galegas con hipotecas subsidiadas poden perder as axudas

VivendaO portavoz de Política Territorial do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, advertiu hoxe que a día de hoxe hai en torno a 11.000 familias galegas beneficiarias de hipotecas subsidiadas en base aos Plans Nacionais de Vivenda que poderían perder as axudas “e milleiros deles aínda non o saben”. Así o dixo no debate dunha interpelación no Pleno do Parlamento para reclamarlle á Xunta que “aterre no tema e dean solución”.

Bugallo lembrou que “aínda non está resolto o problema” provocado pola “aberración xurídica” de Rajoy ao retirar as axudas das prórrogas aos préstamos hipotecarios subsidiados a través dunha circular interpretativa “sen asinar” dun decreto lexislativo, á que lle intentaron dar posteriormente rango legal a través dunha Disposición Adicional incorporada no Senado á Lei de Flexibilización do Mercado de Aluguer de Vivendas, recorrida polo PSOE diante do Tribunal Constitucional.

O responsable socialista lembrou que con esta “manobra” o goberno do PP quixo retirar as axudas do goberno sobre os intereses de préstamos hipotecarios concedidas en base aos plans nacionais de vivenda 2002 – 2005, 2005 – 2008 e 2009 – 2012. Estas axudas deberan ser renovadas de forma automática, pero o goberno central impediuno modificando a Lei en base a unha circular interpretativa e vulnerando ademais o principio de irretroactividade.

A día de hoxe, dixo, boa parte das 11.000 familias que descoñecen que perderán as axudas nas prórrogas dos préstamos. A gravidade do problema, explicou, fica enmascarada pola supresión das cláusulas suelo e porque o euríbor está no 0,54 por cento, pero estes créditos teñen unha duración mínima obrigada por Lei de 25 anos e resulta “bastante previsible” que nese prazo os intereses volvan a repuntar, xa que as axudas afectan aos intereses do préstamo.

Lembrou que a día de hoxe hai 1.150 familias que teñen a situación resolta favorablemente a raíz dun “montón de recursos nos xulgados que son resoltos a favor dos demandantes e condenando ás administracións”. Trátase de aqueles aos que lles correspondía renovarse antes do 5 de xuño de 2013.

Esta situación implica directamente á Xunta, dixo, porque aínda que as axudas proceden do Estado, é o goberno galego o que as tramita como titular exclusivo da competencia en materia de vivenda. Esixiulle ao goberno galego que “se responsabilicen” da situación destes galegos e galegas “en lugar de sinalar exclusivamente a Madrid”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar