1.000 novos profesionais sanitarios cada ano para reducir a precariedade do 23 ao 5 por cento en catro anos

1.000 novos profesionais sanitarios cada ano para reducir a precariedade do 23 ao 5 por cento en catro anos

1.000 novos profesionais sanitarios cada ano para reducir a precariedade do 23 ao 5 por cento en catro anos

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamou hoxe un “cambio notable” na xestión do sistema sanitario galego con máis persoal e máis estabilidade laboral. Anunciou que a xestión da sanidade centrará a próxima sesión de control ao presidente da Xunta, logo de coñecer o “empeoramento notable” na percepción da sanidade pública galega de acordo co último barómetro sanitario do CIS.

O responsable socialista acusou ao PP de “persistir no erro” do seu “acomodamento” a un deterioro da atención sanitaria como consecuencia do axuste contable que sitúa ao sistema no “límite do seu nivel de resistencia”. Por este motivo reivindica un plan de choque para acabar coa precarización do traballo sanitario e o deterioro da atención sanitaria galega, freando ademais a “externalización estrutural” de servizos.

Os socialistas galegos reclaman reforzar o sistema coa contratación de 1.000 profesionais sanitarios máis cada ano para reforzar principalmente os “puntos críticos” do sistema, como denominou a especialidades como Pediatría, especialmente sensibles aos recortes. Desta forma sería posible, dixo, reducir o nivel de precarización da sanidade pública, actualmente situado no 23 por cento de acordo co IGE, ata o 5 por cento en catro anos.

Fernández Leiceaga contrapuxo a realidade ao “relato de Galicia no país das marabillas” que fai o goberno galego para aludir a un “bo sistema sanitario e ao magnífico traballo dos profesionais que sen embargo non chega” para afrontar os recortes do goberno do PP.

Listas de espera

O portavoz socialista alertou ademais das “inaceptables” esperas na sanidade pública que teñen que padecer os pacientes galegos e que “son moi superiores ás esperas recoñecidas polo goberno galego”. Citou casos como o dos pacientes de Traumatoloxía de Vigo que teñen que agardar un ano dende que entran no sistema ata que son atendidos acaídamente.

Advertiu ademais que as esperas excesivas na sanidade pública están a producir efectos perversos como é o do “incremento moi notable no consumo de opiáceos nos últimos dous anos”. Alertou neste sentido de casos de pacientes que “cando teñen que agardar con malestar agudo durante demasiado tempo nas listas de espera optan por substancias que mitigan a súa dor pero que provocan problemas sociais engadidos”.

Comparecencia de Feijóo

Fernández Leiceaga emprazou ademais ao presidente da Xunta a comparecer no Parlamento para “aclarar as discrepancias” entre as súas declaracións no momento da fusión das caixas galegas “e o que hoxe din sobre todo os autores do informe de KPMG”. Reclamou “transparencia” para coñecer a verdade do proceso e “do tipo de traballo encargado á consultora”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar