1º de Maio: Pachi Vázquez esíxelle a Feijóo que "se deixe de mentiras e traballe para impulsar a economía e o emprego"

1º de Maio: Pachi Vázquez esíxelle a Feijóo que "se deixe de mentiras e traballe para impulsar a economía e o emprego"

1º de Maio: Pachi Vázquez esíxelle a Feijóo que "se deixe de mentiras e traballe para impulsar a economía e o emprego"

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, dixo que os galegos e galegas participan nas manifestacións do Día dos Traballadores para esixirlle a Feijóo “que se deixe de desculpas, de contos e de mentiras e que se poña ao principal problema do país, que é o crecemento económico e o emprego”. Vázquez encabezou a delegación socialista na manifestación de A Coruña.

O responsable socialista lamentou que o presidente da Xunta “non está para Galicia nin en Galicia” e advertiu que os milleiros de persoas que saíron hoxe ás rúas “esíxenlle que dea a cara e que non nos leve camiño de Portugal”. Puntualizou que “non queremos acabar de xeonllos como os traballadores, a sanidade e a educación portuguesas: hai que investir en crecemento económico xa”.

Vázquez sinalou que “hoxe Galicia ten que saír á rúa” diante dunha “situación dramática, cun goberno agochado mentres 300.000 homes e mulleres de Galicia están no paro, 56.000 mozos e mozas están no paro, 30.000 licenciados de menos de 30 anos están no paro, hai 170.000 homes e mulleres que non reciben un só euro de prestacións sociais e 90.000 familias non ingresan un só euro”.

Preguntou “qué mais fai falta para que este goberno se poña as pilas dunha vez e comece a falar”. Lamentou que a Xunta teña rexeitado sistematicamente as tres ofertas de pacto polo emprego realizadas polos socialistas na pasada lexislatura, así como as iniciativas para reformar as políticas fiscais.

O líder dos socialistas galegos lamentou que o presidente da Xunta “non quere saber nada” de acordos para impulsar a actividade económica e a creación de emprego, e sinalou que “a xente ten que saír á rúa e reivindicar civicamente un acordo e un goberno que fale dos problemas”.

Manifestacións

Pachi vázquez encabezou a delegación socialista na manifestación de A Coruña, na que estivo acompañado de cargos públicos e orgánicos, como o secretario de Organización, Pablo García, ou os deputados autonómicos Francisco Caamaño, José Luis Méndez Romeu e Marisol Soneira.

Os socialistas tamén estiveron representados na manifestación de Vigo polo portavoz parlamentario, Abel Losada, a responsable de economía da Executiva socialista e tamén parlamentaria Carmen Gallego e o deputado autonómico Manel Gallego, mentres na capital galega participou entre outros o parlamentario Xosé Sánchez Bugallo.

Os cargos públicos e orgánicos dos socialistas galegos asistiron masivamente ás convocatorias nas capitais de provincia galegas e nas principais vilas e cidades. Así, na cidade de Lugo participaron a membro da Executiva Margarita Pérez Herraiz e os deputados Concepción Burgo e Vicente Docasar.

Na capital de Ourense participou a deputada socialista no Congreso Laura Seara, que liderou a delegación socialista, mentres en Pontevedra asistirá a deputada desta cidade Patricia Vilán.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar