Acusan á Xunta de evitar dar conta no Parlamento do “pésimo nivel de execución orzamentaria” da Consellería de Pesca

Acusan á Xunta de evitar dar conta no Parlamento do “pésimo nivel de execución orzamentaria” da Consellería de Pesca

Acusan á Xunta de evitar dar conta no Parlamento do “pésimo nivel de execución orzamentaria” da Consellería de Pesca

Marisol Soneira presentou unha pregunta oral na Comisión de Pesca que foi aprazada por incomparecencia do Goberno galego

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista acusou á Consellería de Pesca de “evitar a toda costa dar a cara diante do Parlamento” polo pésimo nivel de execución orzamentaria. Así o dixo logo de que a incomparecencia do Goberno galego obrigara a aprazar unha pregunta neste sentido da responsable socialista na Comisión de Pesca.

Soneira sinalou o “pésimo nivel de execución orzamentaria” rexistrado pola Consellería de Pesca, que reflectiu o peor dato durante o pasado exercicio 2011, acadando o “farolillo vermello” ao ser o departamento co peor nivel de execución orzamentaria do Goberno galego.

Salientou que a Consellería “so foi capaz de gastar o 28,76 por cento do seu orzamento correspondente a 2011, o que aboca a Galicia a devolver cuantiosos recursos económicos”.

Lembrou que o departamento de Pesca é o que conta cos peores datos de execución orzamentaria, que non chegou ao 29 por cento durante 2011, deixando sen gastar, dende o ano 2009, preto de 138 millóns de euros. Estes proceden maioritariamente de fondos comunitarios que deberan financiar proxectos pesqueiros e marisqueiros que suporían un instrumento de dinamización económica e laboral imprescindible no momento actual.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar